domingo, 5 de mayo de 2013

Ferre !


Eu non me decatei do trato ata que xa estaba feito. Non podo concretar un día e recrearme nel dicindo – aquí comezamos nós- simplemente aconteceu. Os teus sorrisos son un espello dese pequeno xesto que é a amizade, e rompelo, traerá consigo sete anos de mala sorte. Empréstame pois, unha xornada máis dese zume de ledicia, e que a lonxevidade non traía máis que sede. Cheers Ferre.

Mum



Esa liña imposibel de resquebrar. Ese todo que fixo da luz do día un paso doente para aquela muller. Ollaa, ela mira por ti. Sangue, latexo descompasado no inóspito lugar que dicimos chamar – terra – mais en terra de ninguén, segue collendo un chisco mais dese tesón, e os agarimos desbordan nun mar de calma. Medrar non é sinxelo. Deixar de vivir a través dun mesmo, non ten que selo. Entregoume pois, o 23 daquel inverno do 91 o agasallo dun “a miña vida pola tua”. She´s the one.

E agora...que ?


É foi así como cheguei ata aquí. Ata empequenecer pola falta de terte preto. Ata encollerme tanto que mesmo non me escoito respirar. Cóntame ti o comezo, pero deixemos o final sempre para un chisco máis adiante.

sábado, 4 de mayo de 2013


2 de marzo do 2013

Xa case non me decato de cando comezou a conta atrás. Aló quedan eses lamentos perdidos, entre beizos e asubíos de agarimos próximos. Fasme esquecer aquelas tebras que asexaban a cidade  do pretérito. Non te enganes, aínda me decato do que tentas esvaecer, as pesadumes non andan lixeiras e aférranse, forte, tanto que case esganan. Pero o teu ollar, faime dicir, ceo, hoxe esquecécheste da  grisácea canción.

ler xente


Reflexiono, matino no sentido das persoas e a sua semellanza cos libros. Recréome no seu cheiro, nese movemento ó trocar de páxina e mesmo no son que produce o seu retumbo no chan. Aquel  que proclamaria harmónico. Dame un novo caderno, unha nova historia. Ou dame baleiro, só o cheiro, só a caída e o golpe final. Dame as cores da sua cobertura, esa foto da nena perdida nun mar de dúbidas, de ollar triste, que non conta os trasgos e demos que ten gardadiños no peto. Subliño as frases que levan consigo un sentido livián, mesmo agarimoso. Volvoas a ler, e non semellan o mesmo. Estraño aquela primeira vez, na que as verbas se desfacían doces nos meus beizos o pronuncialas.

morriña


27 de febreiro do 2013

Abrásame a frialdade da tua ausencia. Quedaron impresas as apertas na miña pel e non se dan esvaecido co farfullar da auga. Escorregan os días, pero a monotonía do baleiro cae dun xeito  máis repentino que a verba “agora”. A cotío tento lembrarme do que me trouxo a estas terras, cheas de tantos soños e faltas de tanta esperanza. As xanelas respiran con forza , mais non vexo a queixume dos pinos e as bágoas chían por ver a lúz do día. É noite,- miñas meniñas- gardádevos da tormenta da realidade.


17 de febrero do 2013

Os risos retumban nunha parede de xeo. Das verbas pasadas, só quedan os suspiros entrecortados ó pronuncialas. Non é unha boa lembranza quedarse na lembranza, nin tentar colgar o meu ente en entes esvaecidos. As súas sombras camiñan aínda, pero escoita. Escoita e verás a frialdade dos seus pasos, a súa indiferencia. Tanto ten agora, rexurdir nun espazo semellante se nada é igual. O segundo, o segundo de todos os pasos é o máis crítico, aquel que desdebuxa o pasado e escribe un presente lastimado de futuro inquedo.


Estas cordas non son seguras – dime o meu pensamento- mais, mesmo descoñezo se o que me aferro son cordas ou clavos ardendo.  Tanto ten. Comecei o debuxo fai tempo, sen unha base aparente. As ideas dun rostro xerais, con algún ápice de semellanza contigo, e sego buscando ese motor, ese brilar dos teus ollos que tanto me apaixona. Iso, é algo que non se pode retratar, e que mesmo agora, nin sequera podo ver. Volver atrás, retornar a unha paraxe descoñecida e na que tantas veces caín de fronte. Pero todo busca un sentido, e “todo” non é “todo” nin moito menos. Pero esas apertas fúndense coa cordura dos meus actos. Semella que Morfeo me emprestou a idea de tocar unha melodía sen mirar atrás. Tentarei aprender dos seus erros.